Topónimos derivados de “coto” e “couto” (“Ben falado!”)
Volve ao blog o programa “Ben falado!”, emitido pola TVG e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal. Agradezo ao canal en YouTube de galeguia e ao canal en YouTube de BreoganTS por poñeren á nosa disposición (a páxina web da TVG non é “amigable” para os usuarios de software libre) varios capítulos deste programa, moi útiles na escola.
Neste capítulo axúdannos a distinguir dúas palabras frecuentes na toponimia; esquematicamente:
- o latín “cautum”, co significado de “cerrado”, deu no galego “couto” e no español “coto”
- unha raíz prelatina “kotto”, co significado de “elevación”, deu no galego “coto” e no español “cueto”