Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Non che vota nin a familia (II)

Despois das eleccións municipais do 2007 escribín unha anotación titulada “Non che vota nin a familia” sobre as listas que obtiveran resultados ridículos nalgún concello. Centrárame daquela nas tres principais forzas políticas (PP, PSOE e BNG). Agora farei o mesmo coas municipais do 2011, seguindo os resultados provisorios (Ministerio del Interior). Non sei se algún caso puido deberse a que unha candidatura se retirou cando xa había “votos por correo” emitidos ao seu favor.

Listas do BNG:

  • en Cervantes, 31 votos
  • en Ourol, 30 votos
  • en Pedrafita do Cebreiro, 10 votos
  • en Rábade, 10 votos
  • en Ribas de Sil, 10 votos
  • en Ribeira de Piquín, 16 votos
  • en Triacastela, 2 votos
  • en Baltar, 12 votos
  • no Bolo, 15 votos
  • en Calvos de Randín, 23 votos
  • en Carballeda de Valdeorras, 12 votos
  • en Chandrexa de Queixa, 3 votos
  • en Entrimo, 20 votos
  • en Maside, 24 votos
  • en Montederramo, 6 votos
  • en Petín, 8 votos
  • en Pontedeva, 1 voto
  • en San Amaro, 18 votos
  • na Teixeira, 10 votos
  • na Veiga, 5 votos

Listas do PSOE:

  • en Vilasantar, 3 votos
  • nos Blancos, 6 votos
  • na Bola, 21 votos
  • en Vilar de Santos, 15 votos

31 Maio 2011 Publicado por | Galicia, Politics | Deixar un comentario

Schubarth / Santamarina: “Cancioneiro popular galego” (“Ben falado!”)

Volve ao blog o programa “Ben falado!”, emitido pola TVG e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal. Agradezo ao canal en YouTube de galeguia e ao canal en YouTube de BreoganTS por poñeren á nosa disposición (a páxina web da TVG non é “amigable” para os usuarios de software libre) varios capítulos deste programa, moi útiles na escola.

Neste capítulo falan do Cancioneiro popular galego, recollido pola musicóloga Dorothé Schubarth e polo filólogo Antón Santamarina, e publicado en nove volumes pola Fundación “Pedro Barrié de la Maza”.

31 Maio 2011 Publicado por | Ben falado, Education, Folklore, Galicia, Language, Music, Vocal music | Deixar un comentario