Non che vota nin a familia (II)
Despois das eleccións municipais do 2007 escribín unha anotación titulada “Non che vota nin a familia” sobre as listas que obtiveran resultados ridículos nalgún concello. Centrárame daquela nas tres principais forzas políticas (PP, PSOE e BNG). Agora farei o mesmo coas municipais do 2011, seguindo os resultados provisorios (Ministerio del Interior). Non sei se algún caso puido deberse a que unha candidatura se retirou cando xa había “votos por correo” emitidos ao seu favor.
Listas do BNG:
- en Cervantes, 31 votos
- en Ourol, 30 votos
- en Pedrafita do Cebreiro, 10 votos
- en Rábade, 10 votos
- en Ribas de Sil, 10 votos
- en Ribeira de Piquín, 16 votos
- en Triacastela, 2 votos
- en Baltar, 12 votos
- no Bolo, 15 votos
- en Calvos de Randín, 23 votos
- en Carballeda de Valdeorras, 12 votos
- en Chandrexa de Queixa, 3 votos
- en Entrimo, 20 votos
- en Maside, 24 votos
- en Montederramo, 6 votos
- en Petín, 8 votos
- en Pontedeva, 1 voto
- en San Amaro, 18 votos
- na Teixeira, 10 votos
- na Veiga, 5 votos
Listas do PSOE:
- en Vilasantar, 3 votos
- nos Blancos, 6 votos
- na Bola, 21 votos
- en Vilar de Santos, 15 votos
Aínda non hai comentarios.