Schubarth / Santamarina: “Cancioneiro popular galego” (“Ben falado!”)
Volve ao blog o programa “Ben falado!”, emitido pola TVG e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal. Agradezo ao canal en YouTube de galeguia e ao canal en YouTube de BreoganTS por poñeren á nosa disposición (a páxina web da TVG non é “amigable” para os usuarios de software libre) varios capítulos deste programa, moi útiles na escola.
Neste capítulo falan do Cancioneiro popular galego, recollido pola musicóloga Dorothé Schubarth e polo filólogo Antón Santamarina, e publicado en nove volumes pola Fundación “Pedro Barrié de la Maza”.
Aínda non hai comentarios.