Bach: Praeludium es-moll und Fuge dis-moll, BWV 853 (Fernando De Luca, Cembalo)
Traio hoxe outro dos meus números preferidos do “Cravo ben temperado”, o preludio en “mi bemol menor” e a fuga en “re díese menor” do primeiro libro (BWV 853). A interpretación, ao cravo, é de Fernando De Luca…
Ignoro por que motivo Bach escribiu este preludio e esta fuga en tonalidades enharmónicas. É un caso único en toda a obra. Por exemplo, no libro II o preludio e a fuga correspondentes van os dous en dis-moll (en “re díese menor”, segundo o uso romance). Unha hipótese apunta ao reforzamento da que sería idea central da obra: un temperamento no que se cerra o círculo de quintas.