Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Comedores escolares

De entre as moitas disfuncións das que adoecen as nosas escolas, destaca que están a decrecer na súa dimensión educativa mentras crece sen control (como o cancro no corpo humano) a súa dimensión asistencial, de forma que as escolas case se converteron en aparcadoiros de nenos. Un aspecto que a sociedade en xeral non coñece suficientemente é o poder que detentan as empresas de transporte escolar sobre os horarios das escolas. Pero hoxe quero falar dos comedores.

Chama poderosamente a atención que as coidadoras ou colaboradoras, póñoo así porque soen ser mulleres, nais e desempregadas (vaia, case as teñen todas) son voluntarias, noutras palabras, non teñen contrato nin Seguridade Social (nin direito á folga, etcétera). A pesar de que o seu horario non constitúe unha xornada laboral comparable á doutros traballadores, hai algo que non me parece discutible: fan un traballo e asumen unha responsabilidade que non estamos a recoñecer adecuadamente. Por non falar da súa retribución: nove euros diarios, pero so se contan os días lectivos, co cal sae un máximo mensual duns cento oitenta euros.

Isto contrasta co obsceno sistema de subvencións. No comedor onde xanta o meu fillo, o que máis paga so ten que poñer 3,15 euros por día lectivo, uns sesenta euros ao mes, cando hai rendas altísimas no noso barrio. Eu, que non son rico pero de momento podería pagar sen problema o 100% e máis, teño unha rebaixa do 50% e pagarei uns trinta euros ao mes. Os gobernantes deben reler urxentemente o artigo 31.1 da Constitución Española e lexislar en consecuencia:

Todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad [...]

30 Setembro 2011 Publicado por | Education, Galicia, Human Rights, Politics, Spain | Deixar un comentario

Executaron a Troy Davis, ¿que farán se descobren que non era culpable?

Estados Unidos, ese exemplo de democracia e direitos civís… Barack Obama, ese presidente tan prometedor (yes, we can) e tan pouco cumpridor… Hai uns días executaron a Troy Davis, culpable ou inocente, quizá non o saibamos nunca, porque é difícil imaxinar un xuízo que implique condena a morte con menos probas. Non hai evidencia física ningunha. Non apareceu (máis ben non buscaron) a arma homicida. Case todas as testemuñas de cargo denunciaron máis tarde presións da policía para manipular as súas declaracións e fabricar así un culpable. Das dúas (igual son tres, non investiguei o caso abondo) testemuñas de cargo que non denunciaron manipulación, unha é o outro sospeitoso…

Este vídeo fíxose para a campaña de Amnistía Internacional, e espero que a loita continúe, polo menos para evitar que condenen a inocentes.

Enlaces relacionados:

About NCADP:

Since its inception in 1976, NCADP has been the only fully staffed national organization exclusively devoted to abolishing capital punishment. NCADP provides information, advocates for public policy, and mobilizes and supports individuals and institutions that share our unconditional rejection of capital punishment.

Our commitment to abolition of the death penalty is rooted in several critical concerns.

First and foremost, the death penalty devalues all human life – eliminating the possibility for transformation of spirit that is intrinsic to humanity.

Secondly, the death penalty is fallible and irrevocable – over one hundred people have been released from death row on grounds of innocence in this “modern era” of capital punishment.

Thirdly, the death penalty continues to be tainted with race and class bias. It is overwhelming a punishment reserved for the poor (95% of the over 3700 people under death sentence could not afford a private attorney) and for racial minorities (55% are people of color).

Finally, the death penalty is a violation of our most fundamental human rights – indeed, the United States is the only western democracy that still uses the death penalty as a form of punishment.

30 Setembro 2011 Publicado por | Amnesty International, Death penalty, Human Rights, Politics, United States | Deixar un comentario