Malalai Joya: o risco de dicir verdades en Afganistán
Malalai Joya é unha xoven muller afgana, activista social, que promove a democracia, os direitos das mulleres e a separación entre relixión e política. O pobo votou para que fose parlamentaria, e exerceu como tal entre o 2005 e o 2007. Nese ano suspendérona como parlamentaria por denunciar que algúns parlamentarios e gobernantes eran señores da guerra, fundamentalistas, criminais de guerra e traficantes de drogas. Desde entón vive ameazada de morte. Algunhas frases súas que me impresionaron, no contexto da súa vida marcada pola guerra:
- “Este parlamento é pior que un cortello. Un cortello é millor, porque alí tes un burro para levar a carga e unha vaca que che dá leite.”
- “Mataranme pero non calarán a miña voz, porque será a voz de todas as mulleres afganas. Podes cortar unha flor, pero non podes deter a chegada da primavera.”
Podedes ver unha entrevista a Malalai Joya (27 minutos) realizada no 2008 por Tania Gálvez San José.
“Mon petit frère de la lune” (subtítulos en español)
O protagonista desta pequena película de animación é un neno autista. O neno ignora case todos os estímulos do seu medio, non fala, non xoga cos outros nenos e soe quedarse mirando cara arriba. A súa irmá, ao final, descobre un xogo que o fai rir e, aparentemente, xogar con ela. A voz que narra a historia é precisamente da súa irmá, e os feitos que se contan son reais. A película fíxoa Frédéric Philibert, o pai deste neno. A min emocionoume tanto que me fixo chorar.
Enlaces relacionados:
- Autismo Galicia
- Autismo Diario
- Guía de detección temprana de los TEA (para profesionais de Educación Infantil)
- “Detección temprana del autismo”, vídeo divulgativo para pais
- “El viaje de María”, outro vídeo divulgativo que conta a vida diaria dunha nena autista
Se tes dúbidas, pide consello (ao pediatra, por exemplo). Os consellos, normalmente, danchos gratis…
Mattheson: suite X en “mi menor” (Fernando De Luca, cravo)
Johann Mattheson (1681 – 1764) foi compositor e teórico musical.
Tres anécdotas sobre a súa vida:
- Mattheson e Handel renunciaron a suceder ao grande organista Buxtehude porque unha das condicións era casar coa súa filla (1703).
- Aínda que Mattheson e Handel eran amigos, discutiron por cuestións musicais, fixeron un duelo e Mattheson case mata a Handel durante a pelexa (1704). Logo reconciliáronse.
- A obra de Mattheson Grundlage einer Ehren-Pforte (1740) era un dicionario biográfico dos músicos da época, pero Johann Sebastian Bach non aparece, e o artigo máis longo é o dedicado ao propio Mattheson.
O que se pode escoitar aquí é a interpretación que fai Fernando De Luca, ao cravo, da suite X en “mi menor”, incluída na obra Pieces de clavecin en Deux Volumes Consistant des Ouvertures, Preludes, Fugues, Allemandes, Courantes, Sarabandes, Giques et Aires (1714)…
Hai partituras desta obra na páxina de Johann Mattheson no WIMA.
Die Zauberflöte (Mozart): “O Isis und Osiris” (Martti Talvela)
Traio hoxe ao baixo Martti Talvela cantando “O Isis und Osiris”. Esta aria compúxoa Mozart para a ópera (ou Singspiel) titulada Die Zauberflöte. O libreto escribiuno Emanuel Schikaneder, e o personaxe é Sarastro, sumo sacerdote do templo (quizá alegoría dun grande mestre masónico).
Aquí unha boa interpretación en directo…
E aquí unha boa gravación de estudio…
O Isis und Osiris, schenket
der Weisheit Geist dem neuen Paar!
Die ihr der Wandr’er Schritte lenket,
stärkt mit Geduld sie in Gefahr.Laßt sie der Prüfung Früchte sehen,
doch sollen sie zu Grabe gehen,
so lohnt der Tugend kühnen Lauf,
nehmt sie in euren Wohnsitz auf.
Organum “Jube domine silentium” (Limoges, s. XII)
Hoxe traio un exemplo de organum (escola de Saint Martial de Limoges, século XII). Canta o Ensemble Organum baixo a dirección de Marcel Pérès. A gravación é do ano 1983 (“Polyphonie aquitaine du XIIe siècle (Saint Martial de Limoges) – Extraits des matines de Noël”).
A lectura inclúe unha profecía mesiánica de Isaías (capítulo 9), que para algúns anuncia o nacemento de Xesús Cristo. Moitos habedes recoñecer o seu equivalente en inglés polo oratorio Messiah, composto por Handel no século XVIII (The people that walked in darkness, For unto us a child is born).
Non dispoño do texto usado en Limoges; farei unha aproximación, e valereime do que hoxe se coñece como Vulgata, pero advirto de que é unha versión do traballo de Xerome et alii manipulada durante séculos. Ademais, a Vulgata orixinal xa era problemática, por ser tradución dunha versión grega que á súa vez foi tradución dun texto hebreo tamén manipulado durante séculos. Diante disto, pequenas variantes ortográficas, diacrónicas ou diatópicas, como “silencium”, “adleviata” ou “Israhel” apenas teñen importancia… :-)
Jube domine silentium in aures audientium: ut possint intelligere et nos bene dicere. [...]
[9:1] Primo tempore alleviata est terra Zabulon et terra Nephthali: et novissimo aggravata est via maris trans Jordanem Galilaeae gentium.
[9:2] Populus qui ambulabat in tenebris vidit lucem magnam: habitantibus in regione umbrae mortis lux orta est eis.
[9:3] Multiplicasti gentem et non magnificasti laetitiam: laetabuntur coram te sicut qui laetantur in messe: sicut exsultant victores capta praeda quando dividunt spolia.
[9:4] Jugum enim oneris ejus et virgam humeri ejus et sceptrum exactoris ejus superasti sicut in die Madian.
[9:5] Quia omnis violentia praedatio cum tumultu et vestimentum mixtum sanguine erit in combustionem et cibus ignis.
[9:6] Parvulus enim natus est nobis et filius datus est nobis: et factus est principatus super humerum ejus: et vocabitur nomen ejus admirabilis consiliarius, deus fortis, pater futuri saeculi, princeps pacis.
Haec dicit dominus deus: [45:22] convertimini ad me et salvi eritis.
Deo gratias.
Esta é a versión de Giovanni Vianini, dirixindo á Schola Gregoriana Mediolanensis:
A seguinte imaxe é unha “edición práctica” deste organum. Tomeina dun libro da propia Schola Gregoriana Mediolanensis, con transcripcións de Ambrogio De Agostini, “Tibi silentium laus” (clicar para ampliar)…
