Liberqué, igualiquién, fraternicuándo
Vivimos tempos de SMS, de tweet, de viñeta, de graffiti, de slogan e de spot publicitario. Xa se considera extensa (tl;dr) algunha entrada de blog ou columna xornalística.
Estas formas de expresión moven máis a nosa mente emotiva que a nosa mente cognitiva, e por si mesmas non serven para a elaboración de conceptos ou para o diálogo, pero se unha mensaxe breve atinxe a profundidade dun aforismo ou a beleza dun haiku, entón traspasa o noso cerebro e o noso corazón a un tempo, iluminando a realidade desde unha nova perspectiva, que axudará a un novo diálogo e a unha nova conceptualización. Como dicían os de Ronseltz:
O poema é unha pedrada na cabeza.
Por iso recomendamos aos lectores que usen casco.
Este graffiti reproduce unha creación do poeta neorrabioso. Protesta contra a propaganda que nos vende unha transición á democracia, unhas conquistas sociais, un “Estado do benestar”… Fai preguntas retóricas usando os elementos do lema revolucionario francés Liberté, égalité, fraternité (clicar para ampliar)…
Sobre o asunto da liberdade vin estes días unha boa viñeta de Forges:

E outra de Bernardo Erlich:

Que aproveite…
Daza: “Dame acogida en tu hato”, villancico for vihuela (Valéry Sauvage; Nicolae Szekely)
Coñecemos ao compositor Esteban Daza (Estevan Daça, segundo a grafía da época) polo libro El Parnaso (Valladolid, 1576). Aquí podemos escoitar o villancico “Dame acogida en tu hato”, interpretado por Valéry Sauvage nunha vihuela construída por Thomas Norwood:
A mesma peza interpretada por Nicolae Szekely nunha vihuela construída por György Lörinczi:
