“Mon petit frère de la lune” (subtítulos en español)
O protagonista desta pequena película de animación é un neno autista. O neno ignora case todos os estímulos do seu medio, non fala, non xoga cos outros nenos e soe quedarse mirando cara arriba. A súa irmá, ao final, descobre un xogo que o fai rir e, aparentemente, xogar con ela. A voz que narra a historia é precisamente da súa irmá, e os feitos que se contan son reais. A película fíxoa Frédéric Philibert, o pai deste neno. A min emocionoume tanto que me fixo chorar.
Enlaces relacionados:
- Autismo Galicia
- Autismo Diario
- Guía de detección temprana de los TEA (para profesionais de Educación Infantil)
- “Detección temprana del autismo”, vídeo divulgativo para pais
- “El viaje de María”, outro vídeo divulgativo que conta a vida diaria dunha nena autista
Se tes dúbidas, pide consello (ao pediatra, por exemplo). Os consellos, normalmente, danchos gratis…
Aínda non hai comentarios.