Malalai Joya: o risco de dicir verdades en Afganistán
Malalai Joya é unha xoven muller afgana, activista social, que promove a democracia, os direitos das mulleres e a separación entre relixión e política. O pobo votou para que fose parlamentaria, e exerceu como tal entre o 2005 e o 2007. Nese ano suspendérona como parlamentaria por denunciar que algúns parlamentarios e gobernantes eran señores da guerra, fundamentalistas, criminais de guerra e traficantes de drogas. Desde entón vive ameazada de morte. Algunhas frases súas que me impresionaron, no contexto da súa vida marcada pola guerra:
- “Este parlamento é pior que un cortello. Un cortello é millor, porque alí tes un burro para levar a carga e unha vaca que che dá leite.”
- “Mataranme pero non calarán a miña voz, porque será a voz de todas as mulleres afganas. Podes cortar unha flor, pero non podes deter a chegada da primavera.”
Podedes ver unha entrevista a Malalai Joya (27 minutos) realizada no 2008 por Tania Gálvez San José.