Beethoven: minuetto do septimino op. 20
Recordamos hoxe na casa a serie Érase una vez… el hombre, coa que medramos moitos. TVE emitiuna por primeira vez entre 1979 e 1981. Si, hai máis de trinta anos. Para situarnos, TVE-1 e TVE-2 eran os únicos canais de “socialización televisiva” dispoñibles en Galicia, cunha peculiaridade que debe ser subliñada de cara ás novas xeracións: a emisión cesaba pola noite, e no caso da TVE-2 limitábase, agás nas fins de semana, a unhas poucas horas do serán. A que algúns coñecerían logo como “telegaita”, a TVG, nacería no ano 1985, e os primeiros canais privados faríano no 1990.
Volvendo ao asunto, hoxe recordamos o tema que abría cada capítulo. É o terceiro movemento (Tempo di minuetto) do “septimino” (Septett Es-Dur op. 20) escrito entre 1799 e 1800 por Beethoven. Resulta interesante o protagonismo do clarinete, convertido aquí polo compositor nun “segundo violín”.
Aquí tocan: Christoph Koncz (violín), Lea Boesch (viola), Amandine Lecras (violonchelo), Sebastian Wypych (contrabaixo), Robindro Nikolic (clarinete), Emilia Zinko (fagot) e Andrés Bercellini (trompa)…
Aquí tocan: Liviu Prunaru (violín), Michael Gieler (viola), Gregor Horsch (violonchelo), Thomas Braendstrup (contrabaixo), Jaccques Meertens (clarinete), Gustavo Núñez (fagot) e Jacob Slagter (trompa)…
Aínda non hai comentarios.