Pitoni: “Cantate Domino”
Traio hoxe “Cantate Domino”, unha coñecida peza coral de Giuseppe Ottavio Pitoni (1657 – 1743). Unha curiosidade sobre o texto, que forma parte do salmo 149: case todas as traducións que consultei, tanto antigas como modernas, falan dos fillos (filii) de Sión, pero algunhas falan das fillas (filiae) de Sión (ver por exemplo a Wycliffe’s Bible en Bible Gateway). Ignoro cal escolleu Pitoni, e se existe algunha implicación teolóxica no cambio de xénero. Hai transcricións desta obra na CPDL, tamén diversas en canto ao xénero… :-)
1. Cantate domino canticum novum: laus ejus in ecclesia sanctorum.
2. Laetetur Israel in eo qui fecit eum: et filii [filiae?] Sion exsultent in rege suo.
Aquí cántao un coro de secundaria. É o Cascade High School Concert Choir (Turner, Oregon; director, Jean-Marie van Bronkhorst):
Aquí cántao un coro de primaria, en húngaro. É o Szegedi Kossuth Lajos sétányi Ének-Zene tagozatos Általános Iskola Rókus Gyermekkar [Rókus choir from Kossuth Lajos music-class primary school of Szeged] (director, Baritz Zsoltné):
Aínda non hai comentarios.