Carl Friedrich Abel: sonata in D minor (Marianne Muller, viola da gamba)
Hoxe traio unha obra para viola da gamba do compositor Carl Friedrich Abel (1723 – 1787). A peza é unha sonata en “re menor”, dividida en cinco movementos (Prelude, Larghetto, Allegro, Adagio, Menuet). Aquí tocaba, en directo, Marianne Muller:
Encontrei partituras no IMSLP do Allegro (WKO 208) e do Adagio (WKO 209). Os números de catálogo WK ou WKO refírense ó traballo de Walter Knape Bibliographisch-thematisches Verzeichnis der Kompositionen von Karl Friedrich Abel.
Neste mesmo blog xa incluín dúas versións do Allegro WKO 208: Carl Friedrich Abel: Allegro in D minor for viola da gamba WKO 208 (Shirley Edith Hunt; Valentin Tournet).
Aínda non hai comentarios.