Pintos fala da súa detención
Non coñezo a Xesús López Pintos, nin presenciei os feitos que aquí se denuncian, nin son especialista en Direito para cualificalos como “exceso”, “maltrato” ou “tortura”.
O que parece claro é que vivimos unha perigosa involución.
Porque algúns axentes encargados de preserva-la seguridade dos cidadáns non están a face-lo seu traballo.
Porque un detido tamén é un cidadán.
Porque o uso da forza está regulado pola lei e debe ser proporcional ó delicto que se pretende evitar.
Porque os centros de detención, en especial se esta se produce en réxime de incomunicación, deben contar con medios de gravación que impidan o “exceso”, o “maltrato”, a “tortura”.
Porque a responsabilidade existe por acción, pero tamén por omisión.
“Cando os nazis viñeron polos comunistas, calei, porque eu non era comunista. Cando viñeron polos socialdemócratas, calei, porque eu non era socialdemócrata. Cando viñeron polos sindicalistas, calei, porque eu non era sindicalista. Cando viñeron polos xudeus, calei, porque eu non era xudeu. Cando viñeron por min, xa non había ninguén que protestase.”
Aínda non hai comentarios.