A abstención, primeira “forza política”
Vou ir poñendo os resultados que obtiveron as listas da Alternativa Galega de Esquerda nas eleccións autonómicas do 21 de outubro. Sinalo agora os datos globais, pero non reproduzo os resultados completos. Dado que proliferan as listas sen aspiración real de obter representación, arbitrariamente fixen un corte no 0,5% dos votos válidos. Uso os datos provisionais da Xunta. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (1 467 657 + 832 678 = 2 300 355). Hai unha pequena discrepancia co censo (2 299 184), supoño que se debe a persoas que exerceron o seu direito a votar pero, por erro, non figuraban no censo.
| Candidaturas | Electores | Porcentaxe sobre votos válidos |
Porcentaxe sobre electores |
| 1. Abstencións | 832 678 | n.a. | 36,20% |
| 2. PP | 653 934 | 45,72% | 28,43% |
| 3. PSdeG-PSOE | 293 671 | 20,53% | 12,77% |
| 4. AGE (EU-ANOVA) | 200 101 | 13,99% | 8,70% |
| 5. BNG | 145 389 | 10,16% | 6,32% |
| 6. Brancos | 38 410 | 2,69% | 1,67% |
| 7. Nulos | 37 472 | n.a. | 1,63% |
| 8. UPyD | 21 212 | 1,48% | 0,92% |
| 9. Eb | 17 116 | 1,19% | 0,74% |
| 10. SCD | 15 781 | 1,10% | 0,69% |
| 11. CxG | 14 459 | 1,01% | 0,63% |
| 12. PACMA | 7 729 | 0,54% | 0,34% |
| … | … | … | … |
Resultados por provincias:
Para reflexionar:
- A abstención foi, lamentablemente, a primeira “forza política” nas catro provincias e nas sete cidades.
- Comparación co 2009: o PP perdeu máis de cento trinta mil votos.
- Comparación co 2009: o PSOE perdeu máis de douscentos trinta mil votos.
- Comparación co 2009: o BNG perdeu máis de cento vinte mil votos.
- O partido que vai te-la maioría absoluta no Parlamento (PP) recibiu o 45,72% dos votos válidos, pero so tivo o apoio do 28,43% do electorado.
- Os partidos da oposición tampouco saen ben parados con esa análise. Se contamos a todo o electorado, so recibiron escasos apoios, 12,77% (PSOE), 8,70% (AGE) e 6,32% (BNG).
Temos moito que facer: recupera-la ética na política, facela participativa (por exemplo a través da democracia líquida), e tamén reforma-la lexislación electoral (ver por exemplo a lei electoral española) para elimina-los desequilibrios entre circunscricións, o método d’Hondt e o límite do 5%.
P. S. (7 – XI – 2012). Xa publicaron no DOG o acordo da Xunta Electoral de Galicia cos resultados definitivos das eleccións autonómicas do 21 de outubro. O censo electoral é máis grande porque se engaden os emigrantes. Como case non houbo participación nese colectivo, o que medra é a abstención. As novas cifras son: electores, 2 697 717; votantes, 1 481 379; abstencións, 1 216 338.
| Candidaturas | Electores | Porcentaxe sobre votos válidos |
Porcentaxe sobre electores |
| 1. Abstencións | 1 216 338 | n.a. | 45,09% |
| 2. PP | 661 281 | 45,80% | 24,51% |
| 3. PSdeG-PSOE | 297 584 | 20,61% | 11,03% |
| 4. AGE (EU-ANOVA) | 200 828 | 13,91% | 7,44% |
| 5. BNG | 146 027 | 10,11% | 5,41% |
| 6. Brancos | 38 448 | 2,66% | 1,43% |
| 7. Nulos | 37 531 | n.a. | 1,39% |
| 8. UPyD | 21 335 | 1,48% | 0,79% |
| 9. Eb | 17 141 | 1,19% | 0,64% |
| 10. SCD | 15 990 | 1,11% | 0,59% |
| 11. CxG | 14 586 | 1,01% | 0,54% |
| 12. PACMA | 8 041 | 0,56% | 0,30% |
| … | … | … | … |
Para saber máis:
- “¿Cuántas Galicias electorales hay?” (publicado o 26 – X – 2012 no blog de Carlos M. Abella, doutor en Socioloxía)
Aínda non hai comentarios.