Autonómicas 2012: concello da Coruña
Continúo a serie que iniciei onte (A abstención, primeira “forza política”) cos resultados que obtiveron as listas da Alternativa Galega de Esquerda nas eleccións autonómicas do 21 de outubro. Sinalo agora os datos globais, pero non reproduzo os resultados completos. Dado que proliferan as listas sen aspiración real de obter representación, arbitrariamente fixen un corte no 0,5% dos votos válidos. Uso os datos provisionais da Xunta. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (123 591 + 77 994 = 201 585).
Resultados no concello da Coruña
| Candidaturas | Electores | Porcentaxe sobre votos válidos |
Porcentaxe sobre electores |
| 1. Abstencións | 77 994 | n.a. | 38,69% |
| 2. PP | 48 114 | 39,66% | 23,87% |
| 3. AGE (EU-ANOVA) | 25 010 | 20,62% | 12,41% |
| 4. PSdeG-PSOE | 23 649 | 19,49% | 11,73% |
| 5. BNG | 9 270 | 7,64% | 4,60% |
| 6. Brancos | 4 343 | 3,58% | 2,15% |
| 7. UPyD | 2 996 | 2,47% | 1,49% |
| 8. Eb | 2 779 | 2,29% | 1,38% |
| 9. Nulos | 2 305 | n.a. | 1,14% |
| 10. SCD | 879 | 0,72% | 0,44% |
| 11. PACMA | 875 | 0,72% | 0,43% |
| 12. CxG | 722 | 0,59% | 0,36% |
| 13. UNIÓN CORUÑESA | 706 | 0,58% | 0,35% |
| 14. PT | 657 | 0,54% | 0,33% |
| … | … | … | … |
Aínda non hai comentarios.