Josquin: “Mille regretz” by Bruce Dickey (cornetto) and Hanneke van Proosdij (organ)
A canción renacentista “Mille regretz” é famosa pola versión vocal de Josquin des Prez e pola versión que nos deixou Luis de Narváez para a vihuela, así como pola cantidade de misas parodia que usaron a súa melodía.
Aquí interpretan “Mille regretz” Bruce Dickey ó cornetto e Hanneke van Proosdij ó órgano, con variacións (segundo o idioma serían diminuzioni ou passaggi, glosas ou diferencias, divisions, etcétera) ó estilo de Ganassi e Bassano. O vídeo pertence ó proxecto Voices of Music.
Tamén podemos escoitar “Mille regretz” noutras anotacións deste blog:
- Dúas interpretacións do “Mille regretz” (Josquin)
- Narvaez: “Cancion del emperador” after “Mille regres” by Josquin (Valéry Sauvage, lute and vihuela)
God bless you for sharing culture and beauty!
Aínda non hai comentarios.