Xa está “na rúa” o Mozilla Firefox 21
Xa está “na rúa” a versión 21 estable do navegador Mozilla Firefox. Máis eficiente e seguro, e tan versátil coma sempre (a través das extensións). Para coñecer outras novidades desta versión, consultade as release notes.
Se xa usáde-lo Firefox, habedes recibir unha actualización automática. Se aínda non o usades ou queredes descargar un instalador offline, escollede o idioma e o sistema operativo que queirades, porque navegador non o habedes encontrar millor. Incluso os usuarios de móbiles e tabletas dispoñen dunha versión de Firefox para Android… :-)
Xa está “na rúa” o Adobe Flash Player 11.7.700.202
Saíu unha nova versión (11.7.700.202) do Adobe Flash Player, que corrixe problemas de seguridade e rendemento que había nas versións anteriores.
Adobe Flash Player é un complemento gratuíto para Windows, Mac, Linux e outros sistemas operativos, necesario para ver algunhas páxinas web. Usouse moito ata agora para ver no navegador vídeos como os de YouTube, pero este uso pode decaer se teñen éxito iniciativas como o formato WebM. De feito, millóns de vídeos de YouTube poden verse xa neste formato, usando o Mozilla Firefox e sen instala-lo Adobe Flash Player.
Se usades Firefox baixo Windows, recordade facer ademais, por separado, a instalación do Adobe Flash Player para o Internet Explorer (por se o precisades algún día).
Xa está “na rúa” o cliente FTP FileZilla 3.7.0.1
Xa está dispoñible, libre e gratuíta, a versión 3.7.0.1 estable do cliente FTP FileZilla.
Buxtehude: Praeludium g-Moll BuxWV 163 (Fernando De Luca, Cembalo)
O organista e compositor Dieterich Buxtehude (ca. 1638 – 1707; o seu nome pode aparecer escrito doutras formas, como Diderik, Diderich ou Dietrich) foi unha grande influencia na música do seu tempo, especialmente na de Johann Sebastian Bach; é famosa, e fermosa, a anécdota da viaxe a pé de catrocentos quilómetros que fixo Bach (quen faltaba ademais ás súas obrigas laborais) para aprender do mestre Buxtehude (isto sucedeu entre 1705 e 1706).
Aquí podemos escoitar un preludio en “sol menor”, o catalogado como BuxWV 163. A interpretación, ó cravo, debémoslla a Fernando De Luca…
Non encontrei esta obra, pero hai outras partituras de Buxtehude na páxina do International Music Score Library Project (IMSLP).
Xa está “na rúa” o VLC media player 2.0.6
Xa se pode descargar, libre e gratuíto, o VLC media player 2.0.6. Este programa é software libre (licencia GPL) e está dispoñible para Windows, Mac, Linux e outros sistemas operativos. A nova versión incorpora milloras de rendemento e seguridade. Este é un extracto da súa presentación:
- Reprodúceo todo (ficheiros, discos, cámaras web, dispositivos e fluxos), sen necesidade dun paquete de códecs: MPEG-2, DivX, H.264, MKV, WebM, WMV, MP3…
- Totalmente libre, sen software espía, sen publicidade e sen facer un seguimento dos usuarios.
Para saber máis, consultade a páxina features e as release notes.
Xa están “na rúa” as versións 4.0.2 e 3.6.6 da suite LibreOffice
Xa están “na rúa” as versións 4.0.2 e 3.6.6 da suite ofimática LibreOffice, desenvolvida por The Document Foundation. A versión 3.6.6 é a recomendada para a maioría dos usuarios domésticos e corporativos. Podedes ve-los detalles nas páxinas release notes, 3.6 New Features e 4.0 New Features and Fixes.
LibreOffice naceu no 2010 cando moitos programadores comprobaron que a Oracle Corporation estaba a perverte-lo espírito orixinal de OpenOffice.org. LibreOffice é software libre e, por tanto, totalmente gratuíto, pero o aforro non é a única vantaxe. Vou mencionar catro máis:
- o código aberto permite que programadores de todo o mundo colaboren na millora dos programas
- o uso de estándares abertos permite o intercambio universal de documentos sen depender dun programa ou sistema operativo determinado
- hai versións de LibreOffice para Windows, Mac e Linux
- podemos escolle-la nosa lingua, neste caso o galego, grazas ós equipos de tradución voluntarios
P. S. (12 – V – 2013). Esta semana saíu a versión 4.0.3. Outra proba de que a comunidade libre é ideal para perfeccionar un programa… :-)
Tradicional sefardí: “Esta montaña de enfrente”
Canción tradicional sefardí. Hai unha selección discográfica centrada na canción sefardí na páxina Early Music FAQ: Sephardic Song in Medieval Style – A discography.
Interpretada polo Ensemble Gilles Binchois:
Interpretada polo Ensemble Accentus:
Texto (existen outras variantes, dado o carácter oral da transmisión):
Esta montaña d’enfrente
S’aciende y va quemando
Allí pedrí al mi amor,
M’asento y vo llorando.Arvolico de menekshe
Yo lo ensembrí en mi huerta
Yo lo crecí y lo engrandecí
Otros s’estan gozando.Secretos quero descuvrir
Secretos de mi vida,
El cielo quero por papel,
La mar quero por tinta,Los arvoles por péndola
Para ‘scrivir mis males,
No hay quen sepa mi dolor,
Ni ajenos, ni parientes.
Gombert: “Media vita in morte sumus”
Traio hoxe unha peza peculiar polas súas disonancias, similares ás que encontraremos noutros compositores como Thomas Tallis (ca. 1505 – 1585). A peza é “Media vita in morte sumus”, composta por Nicolas Gombert (ca. 1495 – ca. 1560), e posiblemente as disonancias sexan un medio para expresa-los sentimentos, a dor e o misterio que rodean á morte.
Canta a Oxford Camerata dirixida por Jeremy Summerly. Hai unha partitura desta obra na páxina da CPDL dedicada a Nicolas Gombert.
Texto:
Media vita in morte sumus:
quem quaerimus adjutorem,
nisi te, Domine, qui pro peccatis nostris juste irasceris?
Sancte Deus, sancte fortis,
sancte misericors Salvator,
amarae mortis ne tradas nos.
Falo deste mesmo texto, ilustrado con músicas doutros autores, noutra anotación deste blog: “Media vita in morte sumus” (Kerle) and “In the midst of life” (Purcell).