Alessandro Scarlatti: Variazioni sulla Follia (Enrico Baiano)
O que segue é a medicina que prescribe hoxe o médico para resucita-lo ánimo… Enrico Baiano toca no cravo “Variazioni sulla Follia” de Alessandro Scarlatti:
O que segue é a medicina que prescribe hoxe o médico para resucita-lo ánimo… Enrico Baiano toca no cravo “Variazioni sulla Follia” de Alessandro Scarlatti:
Entre outras marabillas, o canal en YouTube de Nearness ofrécenos música de Alessandro Scarlatti (1660 - 1725) e do seu fillo, o “case español” Domenico Scarlatti (1685 - 1757).
Pois hoxe ofrecemos no menú o allegro do concerto grosso número 2 en “dó menor” de Alessandro Scarlatti, interpretado por Fabio Biondi e Europa Galante:
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):