Blog de César Salgado

AI report on Angola: Human Rights violations perpetrated by police

Amnistía Internacional publicou hai uns días un informe sobre as violacións dos Direitos Humanos cometidas pola policía de Angola. Os funcionarios de policía angolanos teñen un regulamento disciplinario que os obriga a cumprir tódalas ordes dos seus superiores, mesmo se son ordes que implican a comisión dun delicto, como o maltrato a detidos ou o desaloxo forzado de vivendas sen o adecuado proceso xudicial.

O informe leva por título “Above the Law: Police Accountability in Angola”. O anterior enlace leva á versión en HTML, pero tamén hai unha versión en PDF (178 KB).

Setembro 16, 2007 Posted by César Salgado | Amnesty International, Angola, Human Rights, Politics | | Non hai comentarios

Noam Chomsky: Hegemony or survival

Empecei a ler un libro do polifacético Noam Chomsky, que nun principio destacou nos campos da Lingüística e a Filosofía ou Psicoloxía da Linguaxe, pero que agora é máis coñecido como un activista político, polas súas análises do capitalismo global e do imperialismo dos Estados Unidos. Esta é a referencia da obra que estou a ler:

  • Noam Chomsky: Hegemonía o supervivencia: la estrategia imperialista de Estados Unidos. Ediciones B, Barcelona, 2005. ISBN: 9788466623070. Título orixinal: Hegemony or Survival: America’s Quest for Global Dominance.

Chomsky fala da política, exacerbada desde o 1960, de terrorismo de Estado, executado directamente polos Estados Unidos ou apoiado mediante axuda militar e loxística en lugares como Cuba, Nicaragua, Guatemala, El Salvador, Panamá, Colombia, Brasil, Angola, Vietnam, Indonesia, Líbano, Iraq, Turquía, Libia, Serbia…

Fala dunha estratexia clara do Goberno dos Estados Unidos (e do complexo militar-industrial que o conforma ou sustenta) para a dominación global. Así, cando non se ataca flagrantemente por motivos económicos, atácase para evitar que prosperen “desafíos á hexemonía” do citado complexo militar-industrial, que poderían converterse en “exemplos perniciosos” susceptibles de “contaxiar ese virus” a outras sociedades.

Fala dun unilateralismo moral con total desprezo polo Direito Internacional e polas institucións que se ocupan da súa regulación, como as Nacións Unidas e o Tribunal Internacional de Xustiza. Un exemplo: Nicaragua, no 1984, denunciou nese tribunal ós Estados Unidos, polas súas actividades militares e paramilitares. Nese caso o tribunal condenou ós Estados Unidos. Pero estes non acataron a sentencia, vetaron unha resolución posterior do Consello de Seguridade da ONU e ignoraron un voto case unánime (so votaron en contra eles, Israel e El Salvador) que respaldaba a Nicaragua na Asamblea Xeral…

Fala do uso sistemático, arredor destas cuestións, dunha “enxeñería social” cada vez máis refinada, dunha fabricación da “opinión pública” a través da propaganda, da desinformación, do secretismo e da mentira.

Fala dun control da sociedade a través do medo a ameazas diversas, como o crime, a droga, o terrorismo, as “armas de destrucción masiva”, cunha mestura de ideas “patrióticas” (que poden tomar formas como etnocentrismo, paternalismo, racismo…) e “relixiosas” (teocracia de facto con delirio mesiánico colectivo; tampouco se debe olvidar que moitas sectas dos Estados Unidos son milenaristas…).

Agosto 19, 2007 Posted by César Salgado | Angola, Brazil, Colombia, Cuba, El Salvador, Guatemala, Indonesia, Iraq, Israel, Lebanon, Libya, Nicaragua, Panama, Politics, Propaganda, Religion, Serbia, Turkey, United States | | Non hai comentarios

HRW campaign: Stop US Funding of Child Soldiers

Human Rights Watch fixo esta semana unha campaña extraordinaria nos Estados Unidos, para que os cidadáns chamasen ós senadores pedíndolle-lo apoio para a S. 1175, a Child Soldier Prevention Act of 2007.

Os feitos son estarrecedores: segundo HRW, nove Gobernos recrutan nenos soldados e oito deles están a recibir axuda militar dos Estados Unidos.

Na páxina que HRW dedica en exclusiva ó asunto dos nenos soldados, Child Soldiers, aparecen informes elaborados nos últimos anos pola organización sobre o uso de menores en conflictos armados: Nepal, Sri Lanka, Birmania (Myanmar), Chad, Congo (DRC), Burundi, Uganda, Liberia, Serra Leoa, Angola, Líbano, Palestina, Colombia…

Xullo 14, 2007 Posted by César Salgado | Angola, Burma (Myanmar), Burundi, Chad, Colombia, Congo (DRC), Human Rights, Human Rights Watch, Lebanon, Liberia, Nepal, Palestine, Politics, Sierra Leone, Sri Lanka, Uganda | | Non hai comentarios