Blog de César Salgado

Coro della Polifonica Materana “Pierluigi da Palestrina”

Hoxe encontrei o canal en YouTube dun coro italiano, o Coro della Polifonica Materana “Pierluigi da Palestrina”. Vou poñer aquí dúas pezas cantadas por eles.

A primeira é o coñecidísimo e precioso madrigal Il bianco e dolce cigno, do compositor Jacques (ou Jacob) Arcadelt (ca. 1505 - 1568). Xa puxera na bitácora dúas interpretacións deste madrigal nunha anotación de maio pasado. A letra tomeina de varias fontes, entre elas deste artigo: “Il bianco e dolce cigno / cantando more, ed io / piangendo giung’ al fin del viver mio. / Stran’ e diversa sorte: / ch’ei more sconsolato / ed io moro beato / morte che nel morire / m’empie di gioia tutt’ e di desire. / Se nel morir’ altro dolor non sento / di mille mort’ il dì sarei contento.”

A segunda é “Christus factus est pro nobis” do compositor Felice Anerio (1560 - 1614). A letra recítase na Semana Santa xunto co salmo 51 (50 na Vulgata) “Miserere mei Deus secundum magnam misericordiam tuam…”. É unha paráfrase do texto contido na carta de Paulo ós Fiipenses (2, 8-9): “Christus factus est pro nobis obediens usque ad mortem, mortem autem crucis. Propter quod et Deus exaltavit illum, et dedit illi nomen, quod est super omne nomen”.

Pódense ver transcripcións destas obras na Choral Public Domain Library.

Decembro 15, 2007 Posted by César Salgado | Arcadelt, Felice Anerio, Music, Religion, Vocal music | | Non hai comentarios

Arcadelt: Il bianco e dolce cigno

Do compositor Jacques (ou Jacob) Arcadelt, o máis coñecido é este precioso madrigal, Il bianco e dolce cigno. Pódense ve-las transcricións do madrigal “Il bianco e dolce cigno” na CPDL. Poño dúas versións.

A primeira parece un ensaio, e o director (imperdonable nel non sabe-la obra de memoria) mira a partitura en vez de mirar ós cantores; cúmprese o axioma da dirección: en consecuencia, os cantores tampouco o miran apenas a el.

Con todo, fan moitas cousas aceptablemente, quizá porque o director sexa un bo músico sen técnica de dirección, ou quizá por outro tópico educativo: os alumnos aprenden, non gracias ó mestre, senón a pesar do mestre.

É o Maynooth University Chamber Choir, xa citado aquí hai uns días:

A segunda é unha gravación dos sublimes King’s Singers, nun arranxo didáctico da incansable margotlorena:

Maio 28, 2007 Posted by César Salgado | Arcadelt, Education, Music, Vocal music | | Non hai comentarios