Esta peza, o Tourdion de Pierre Attaignant (tamén escrito Attaingnant), tráeme bos recordos e algo de saudade, porque a cantei a mediados dos noventa co coro de cámara Festina lente, dirixido por José Antonio Hoyos Silva. Creo que nós usabamos unha partitura idéntica á que usa aquí o coro belga Caljenté (pódense ver dúas transcricións corais do Tourdion no Werner Icking Music Archive):
E para contrastar, eis unha interpretación de Valéry Sauvage co laúde. No coro algúns tiñámo-la dúbida entre facer, nas cadencias, o sétimo grau como “sensible” ou como “subtónica”. O que cantan no vídeo de Caljenté, e o que aparece nas transcricións corais do WIMA enlazadas máis arriba, é unha versión con “subtónica”. A peza é preciosa das dúas formas. Pero se, como supoño, Valéry Sauvage toca por unha tablatura orixinal, parece que Pierre Attaignant a escribiu destoutra maneira, con “sensible”:
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:
E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):