HRW denuncia que as corporacións do petróleo e do gas dan soporte á dictadura de Birmania
Human Rights Watch publica novos datos sobre o soporte que as corporacións do petróleo e do gas están a dar ó Goberno militar de Birmania (Myanmar).
Nunha nota de prensa, que leva por título “Burma: Targeted Sanctions Needed on Petroleum Industry. Foreign-State-Owned Companies Are Major Investors in Burma’s Oil and Gas Fields”, sinálase como principais responsables dos investimentos a compañías con base nos seguintes países: Australia, China, Corea do Sur, Estados Unidos, Francia, India, Malaisia, Países Baixos, Reino Unido (do que depende o paraíso fiscal “Illas Virxes Británicas”), Rusia, Singapur, Tailandia e Xapón.
A través dos enlaces incluídos na nota de prensa podes acceder a mapas, listas de compañías implicadas e outras informacións relacionadas.

