Blog de César Salgado

Banchieri: “Contraponto bestiale alla mente”

Hoxe traio un vídeo cun pequeno fragmento de Adriano Banchieri (1568-1634): “Contraponto bestiale alla mente” (nalgunhas fontes “Contrapunto…”), que forma parte da obra do 1608 Festino nella sera del Giovedi Grasso avanti cena.

A obra ridiculiza nalgúns momentos (todo se permite no Antroido…) o estilo musical antigo, a prima prattica de templos e cortes, que está a ser substituído pola seconda prattica dos teatros, nunha evolución que comporta cambios de linguaxe musical evidentes, pero tamén cambios de cultura en sentido amplo, cambios na economía e nas clases sociais…

Varios animais fan un “contrapunto” sobre un baixo que recita unha serie de paremias, ás que puxeron unha música incoherentemente solemne. Nun latín “macarrónico” di algo así como “Non te fíes dun chepudo nin dun coxo; se un virollo é bo, escríbeo nos anais”.

Hai partituras desta peza na CPDL (Choral Public Domain Library) e partituras desta peza no WIMA (Werner Icking Music Archive).

Agosto 31, 2007 Posted by César Salgado | Banchieri, Humour, Music, Vocal music | | Non hai comentarios