Blog de César Salgado

Beethoven: sonata 14, opus 27, número 2 (Alfred Brendel)

A sonata para piano quasi una fantasia, número 14, en “dó sostenido menor”, de Ludwig van Beethoven (1770 - 1827), tamén coñecida como “opus 27, número 2″, e dedicada a Julie Guicciardi, foi alcumada posteriormente como Mondschein (nome que non lle puxo o seu autor).

Aquí está o terceiro movemento, presto agitato, interpretado por Alfred Brendel:

Xa puxera no blog hai meses unha interpretación do pianista Wilhelm Kempff algo vello e cometendo bastantes erros, pero interpretando moi ben aínda así.

Febreiro 18, 2008 Posted by César Salgado | Beethoven, Keyboard music, Music | | Non hai comentarios

Beethoven: Symphony No.5, Op.67, mov. 1 (Bernstein)

Gracias ó canal en YouTube de shostakk podemos gozar dunha magnífica interpretación da sinfonía número 5, opus 67, de Ludwig van Beethoven (1770 - 1827). Esta interpretación tivo lugar no 1976, nun concerto a favor de Amnistía Internacional, organización de Direitos Humanos que recibiría o premio Nobel da paz no ano seguinte. A orquestra é a Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks. O director é Leonard Bernstein.

Aí vai o coñecidísimo primeiro movemento, pero é un pecado non escoitar toda a sinfonía:

Para comparar, e seguir gozando, podedes acudir á anotación onde enlazo unha interpretación desta obra dirixida por Arturo Toscanini: “Beethoven: Symphony No.5, Op.67, movs. 2 and 3 (Toscanini)”.

Novembro 25, 2007 Posted by César Salgado | Amnesty International, Beethoven, Human Rights, Music | | Non hai comentarios

Beethoven: Symphony No.5, Op.67, movs. 2 and 3 (Toscanini)

En marzo do ano 1952, con case 85 anos, Arturo Toscanini seguía a dirixir concertos coa NBC Symphony Orchestra. Gracias ó canal en YouTube de TheGreatPerformers podemos ver catro vídeos dese ano cos respectivos movementos da quinta sinfonía de Beethoven.

Non sei se é aplicable ó 1952 o que dixen neste blog hai dúas semanas falando do 1944:

Hai quen di que o tempo estaría un pouco acelerado con respecto ó real a causa do sistema de gravación da época (1944). Isto tamén faría que o sonido da orquestra fose un pouco máis agudo que o diapasón co que afinaron ese día. Tamén hai quen sostén que ese era o tempo da partitura e que Toscanini dirixía a esa velocidade.

En canto á sinfonía, a maioría do público so coñece o primeiro movemento. É unha lástima. Eu vou poñer aquí o segundo e o terceiro, menos coñecidos pero xoias dentro da coroa que é esta sinfonía, so comprensible como un todo. Para segui-la música podemos usa-las partituras de Beethoven no IMSLP.

Segundo movemento (Andante con moto):

Terceiro movemento (Allegro):

Hai dúas semanas trouxen a este blog unha anécdota sobre Toscanini, e vólvoa traer, porque aínda é máis significativa aquí:

[from an interview by Robert Stumpf II with Bob Bloom, who played with Toscanini…]

I played for him for six years. He yelled at me a lot, but as a father. After awhile I became, from those in the orchestra, possibly closer than anyone else to Toscanini. Away from the podium, he was like a little child. He loved music. In his study, he would show me Puccini’s snuff box, Verdi’s eye glasses. He treasured these things.

One day I was visiting him and he asked me to stay for lunch. I could tell he was very tired, and we had finished our business, so I told him that I didn’t have to stay. I said, “Maestro, you look tired. Why don’t you take a nap?”

He said, “I’ve been up since five o’clock this morning studying this symphony.” The symphony that week was Beethoven’s Fifth.

I said, “Maestro, how many times have you conducted that?”

He answered, “Oh, hundreds.”

I said, “And you’re still studying it?”

I loved his answer. He said, “Well, I’m always afraid I may have missed something.” This is how he really felt about music.

Agosto 11, 2007 Posted by César Salgado | Beethoven, Music | | Non hai comentarios

Beethoven: Symphony No.7, Op.92, mov. 2 (Carlos Kleiber)

Na miña anotación anterior, falando do “Va, pensiero, sull’ali dorate”, dicía que hai un equívoco moi extendido e moi pernicioso segundo o cal a música interpretada “lentamente” ou a música “con poucas notas” é “fácil”. Por establecer un paralelismo, no teatro hai quen desprestixia a comedia, como se fose fácil interpretala e facer rir de forma intelixente ó público.

Vou poñer un exemplo que so de recordalo me pon os pelos de punta, porque é emoción pura: o segundo movemento da sétima sinfonía de Beethoven. É evidente que ten poucas notas, pero so uns poucos mestres poden interpretar esta música para que diga o que ten que dicir.

A seguinte interpretación compártea connosco o canal en YouTube de xedos1. Podemos segui-las notas coas partituras de Beethoven no IMSLP.

A dirección é de Carlos Kleiber:

P.S. (30 - I - 2008). Hai outra interpretación dirixida por Carlos Kleiber (esta da quinta sinfonía) no canal en YouTube de chviczai. Gracias a José Ramón Tapia Merino, por indicarme o camiño no seu blog “Audición y apreciación musical”.

Thank you all for sharing culture!

Agosto 4, 2007 Posted by César Salgado | Beethoven, Music | | Non hai comentarios

Tempo giusto

Falaba na entrada anterior da Johannes-Passion BWV 245, e mencionei de pasada as versións de John Eliot Gardiner (Archiv Produktion, 1986) e de Karl Richter (Archiv Produktion, 1964).

Moitas veces comparei o primeiro coral, “O grosse Lieb, o Lieb ohn’ alle Masse”, nestas dúas versións. Na de Gardiner dura 0:48, e na de Richter 1:18. Para min as dúas son obras mestras de interpretación.

¿Por que recordo isto agora? Porque vexo críticas moi duras nos comentarios ós vídeos de YouTube, formuladas coa soa base do tempo co que se interpreta unha peza.

O asunto dá para moito máis, empezando polo feito de que na época de Johann Sebastian Bach non había metrónomo. E cando se inventou os problemas multiplicáronse: outro día hei de falar dos resultados que deron as metronomizacións feitas ás obras de Beethoven por contemporáneos seus…

Xuño 10, 2007 Posted by César Salgado | Beethoven, Education, History, Johann Sebastian Bach, Music, Vocal music | | Non hai comentarios

Beethoven: sonata 14 (opus 27, número 2)

A sonata para piano quasi una fantasia, número 14, en “dó sostenido menor”, de Ludwig van Beethoven (1770 - 1827), tamén coñecida como “opus 27, número 2″, e dedicada a Julie Guicciardi, foi alcumada posteriormente como Mondschein (nome que non lle puxo o seu autor).

Aquí está o terceiro movemento, presto agitato (os outros dous pódense encontrar no canal en YouTube de popololopopolo), tocado por un Wilhelm Kempff algo vello e que comete bastantes erros, pero segue a interpretar de marabilla. Chama a atención que case non mira para o teclado, debe de sentilo como se fose unha parte do seu corpo, por propiocepción.

En canto ós erros… como digo eu cando estou diante dun coro amateur, gozade da música que hai detrás do sonido…

Para segui-la interpretación podemos axudarnos coas partituras de Beethoven no IMSLP.

Xuño 6, 2007 Posted by César Salgado | Beethoven, Keyboard music, Music | | 1 comentario