Xa falei na bitácora de Joseph Bodin de Boismortier (1689 - 1755), quen, segundo parece, producía moitísima música (foi un dos primeiros compositores na Historia en ser autónomo e non depender dun patrón). Para poder facer negocio coa composición, tiña que compoñer moitas obras en pouco tempo, e ademais a música composta tiña forzosamente que venderse, acomodarse ó gusto do público.
Ernst Stolz e Harmen Pothof tocan cadansúa viola da gamba neste vídeo onde interpretan dous movementos (allemande e pesament) dunha sonata en “dó menor”:
Xa levaba tempo sen poñer na bitácora vídeo ningún de Ernst Stolz tocando a viola da gamba, e onte escoitei un que me pareceu interesante. Trátase dunha peza escrita por Louis de Caix d’Hervelois (ca. 1680 - 1759), compositor dedicado case en exclusiva á viola da gamba nunha época na que este instrumento xa estaba, por desgracia, un tanto démodé.
Xa falei a semana pasada de Joseph Bodin de Boismortier (1689 - 1755), quen, segundo parece, producía moitísima música (foi un dos primeiros compositores na Historia en ser autónomo e non depender dun patrón).
Para poder facer negocio coa composición, tiña que compoñer moitas obras en pouco tempo, e ademais a música composta tiña forzosamente que venderse, e isto impoñía restriccións á fantasía, as da moda, as do gusto do público (o pobo ou máis ben a burguesía). Aínda así, creo que é un dos moitos compositores inxustamente olvidados…
Hoxe traio aquí unha curiosidade que encontrei no canal en YouTube de Koriyama: unha sonata en trío para flauta transversal de Boismortier, onde unha mesma persoa toca as tres partes, cunha flauta de bico. Supoño que por causa da extensión do instrumento, fixo transposición do “re maior” orixinal ó “fa maior”.
O propio Koriyama explica así a montaxe que fixo dos vídeos, case como nun estudio de gravación:
1st: I create a click track to keep the timing. Then I multitrack each part (a few times to get it just right). This is used as the sound track. Finally, I play back the multitracked piece and ‘lip-synch’. This creates the visuals. The whole thing goes into Premiere and synchronized.
Non é a maneira máis “musical” que hai de interpretar, pero aquí xa puxemos experimentos parecidos de Ernst Stolz…
A música de hoxe é a Sonate en trio número 1 do opus VII. Pódese encontrar unha partitura, xunto con outras do mesmo autor na páxina de obras de Boismortier no Werner Icking Music Archive. Con todo, pronto notaredes que o intérprete do vídeo manexa outra edición…
No primeiro vídeo toca o Gravement:
No segundo vídeo toca o resto, isto é, a Allemande, o Lentement, a Gavotte en rondeau e o Gayment:
Parece ser que o noso convidado de hoxe, o francés Boismortier (1689 - 1755), foi un dos primeiros da Historia en vivir profesionalmente das súas composicións en calidade de autónomo, isto é, sen patrón.
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:
E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):