Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Sonata XIV (Kühnel): Amy Domingues (viola da gamba) e Anthony Harvey (tiorba)

August Kühnel (1645 – ca. 1700): Sonata XIV para viola da gamba e continuo interpretada por dous membros do ensemble Corda Nova, Amy Domingues á viola da gamba e Anthony Harvey á tiorba.

3 Novembro 2012 Publicado por | Kühnel, Lute, Music, String music, Theorbo, Viola da gamba | Deixar un comentario

Bach: Sarabande and Courante from BWV 1010 (Anna Kowalska, lute)

Anna Kowalska toca aquí unha transcrición para laúde de dous movementos (Sarabande, Courante) da suite BWV 1010, unha das compostas por Johann Sebastian Bach para violonchelo so. O instrumento é obra do luthier Philippe Mottet-Rio.

Pódense encontrar partituras para un estudo preliminar na páxina de Johann Sebastian Bach no IMSLP.

14 Maio 2012 Publicado por | Johann Sebastian Bach, Lute, Music, String music, Violoncello | Deixar un comentario

Bach: preludio da suite para laúde BWV 995 (Xavier Díaz-Latorre)

Xavier Díaz-Latorre toca aquí no laúde o preludio da Suite g-Moll BWV 995, transcrición feita por Johann Sebastian Bach da súa suite para violonchelo número 5, BWV 1011. Este prelude está dividido en dúas partes: a primeira, máis intimista, en metro binario; a segunda, en metro ternario, leva ademais a indicación tres viste, que algún editor italianizou como presto. Boa música, boa interpretación e boa gravación, aínda que el diga que é caseira… :-)

Para un estudo preliminar, pódense encontrar partituras do dominio público na páxina de obras de Johann Sebastian Bach no IMSLP.

23 Abril 2012 Publicado por | Johann Sebastian Bach, Lute, Music, String music | Deixar un comentario

Weiss: fantasía en “dó menor” (Xavier Díaz-Latorre, laúde)

Xavier Díaz-Latorre toca aquí unha fantasía en “dó menor” composta por Silvius Leopold Weiss (1687 – 1750; ás veces o nome aparece grafado como “Sylvius”). O instrumento é un laúde de 13 ordes.

P. S. Traio tamén unha transcripción para guitarra. Pode que a interpretación non sexa “profesional”, pero a min gustáronme o seu sonido e o seu tempo:

10 Xaneiro 2012 Publicado por | Lute, Music, String music, Weiss | 1 comentario

Robert de Visée: chaconne “en g sol re ut, tierce majeur” (Xavier Díaz-Latorre, theorbo)

Xavier Díaz-Latorre toca aquí unha chacona (chaconne “en g sol re ut, tierce majeur”, manuscrit Vaudry de Saizenay) composta por Robert de Visée (ca. 1655 – ca. 1732). O instrumento é unha tiorba de 14 ordes.

23 Xullo 2011 Publicado por | Lute, Music, Robert de Visée, String music, Theorbo | Deixar un comentario

Piccinini: Corrente VI “L’Alemana” (Valéry Sauvage, theorbo)

O traballo máis coñecido do compositor Alessandro Piccinini (1566 – ca. 1638) son dous libros de música para laúde: Intavolatura di liuto et di chitarrone, libro primo (Bologna, 1623) e Intavolatura di liuto (Bologna, 1639), este último publicado postumamente polo seu fillo Leonardo Maria Piccinini. A colección do 1623 é moi importante porque, no extenso prefacio, inclúe un detallado manual de interpretación e afirma ser o inventor do arquilaúde. Piccinini fixo tamén importantes modificacións no chitarrone (tiorba).

Valéry Sauvage toca aquí a Corrente VI, “L’Alemana”, nunha tiorba construída polo luthier Didier Jarny

14 Febreiro 2010 Publicado por | Lute, Music, Piccinini, String music, Theorbo | Deixar un comentario

Narvaez: 4 diferencias sobre “Guardame las vacas” (Trond Bengtson, lute)

Luys de Narvaez (ou Luis de Narváez, na ortografía actual) compuxo Los seys libros del Delphin de musica de cifras para tañer vihuela (Valladolid, 1538). Non eran partituras como as que hoxe coñecemos, senón tablaturas. Algúns arranxos destas marabillosas obras pódense encontrar na páxina sobre Luys de Narvaez no Werner Icking Music Archive.

Trond Bengtson interpreta aquí, ó laúde, 4 diferencias sobre “Guardame las vacas”.

Algúns enlaces relacionados (neste mesmo blog)…

30 Decembro 2009 Publicado por | Lute, Music, Narvaez, String music | Deixar un comentario

Coro de Cámara “Giovanni Bardi”

Nestes vídeos podemos escoitar ó Coro de Cámara “Giovanni Bardi” (Lanzarote, España; directora: Josefina González Gil), acompañado polo grupo instrumental “Hexacordo” (Cuenca, España). O repertorio é unha marabilla. Hai algún semitono que non queda claro, e a gravación podía ser millor, pero son cousas do directo… :-) Habedes encontrar máis vídeos no canal en YouTube do Coro de Cámara “Giovanni Bardi”, e partituras (edicións prácticas) para moitas destas pezas na Choral Public Domain Library.

Antonio de Ribera (do Cancionero de Palacio, compilado arredor do 1510): “Por unos puertos arriba”

Gabriel Mena (do Cancionero de Palacio, compilado arredor do 1510): “De la dulce mi enemiga”

Alonso Mudarra (dos “Tres libros de música en cifra para vihuela” publicados no 1546): “Claros y frescos ríos”

Diego Pisador (do “Libro de música de vihuela”, publicado no 1552): “La mañana de san Juan”

Juan Arañés (primeira metade do século XVII): “Un sarao de la chacona”

23 Xullo 2009 Publicado por | Arañés, Cancionero de Palacio, Lute, Mudarra, Music, Pisador, Recorder, Sackbut, Viola da gamba, Vocal music | Deixar un comentario