Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Online Etymology Dictionary

Na clase saen de cando en vez preguntas como ¿por que “avogado” é con “v” en galego? ¿Por que “abogado” é con “b” en español? Eu unhas veces fago referencia á arbitrariedade de certos usos e tradicións da Ortografía e outras veces apunto directamente á Etimoloxía.

Ademais, cando empezamos a usa-los diccionarios encontramos nalgúns información etimolóxica que espertou a curiosidade en máis de un. Recordo, por exemplo, as nosas consultas no DRAE online.

Pois ben, acabo de descubrir, via Librillo de apuntes de Ramón Buenaventura, un diccionario de inglés que trae unha completísima información etimolóxica: Online Etymology Dictionary, posto á disposición do mundo polo seu autor, Douglas Harper.

En español, reducido ó campo biomédico, está o Diccionario médico-biológico (histórico y etimológico) de helenismos (Francisco Cortés Gabaudan – Universidad de Salamanca).

Graciñas máis unha vez a todos aqueles que, como Douglas e Francisco, prescinden de fogos de artificio e fan realidade a sociedade do coñecemento. E a ver se vai rectificando a nosa ministra de Cultura, que tivo a infeliz idea de dicir que a cultura “non pode ser gratis”. ¡Canta falacia no nome dos direitos de autor!

10 Febreiro 2007 - Posted by | "Intellectual property", Education, Language, Politics

Sorry, the comment form is closed at this time.