Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Signos de puntuación

Algúns xogos de palabras que cambian de sentido segundo os signos de puntuación:

1 (a): Señor morto, esta tarde chegamos.

1 (b): Señor, morto está, tarde chegamos.

2 (a): Un home tiña un can e a nai do home era tamén o pai do can.

2 (b): Un home tiña un can e a nai; do home era tamén o pai do can.

O que segue é unha adaptación da versión portuguesa do Testamento do milionário (web da Associação de Professores de Português), que aparece tamén no artigo sobre “ambigüidade” do E-Dicionário de Termos Literários coordinado por Carlos Ceia (Universidade Nova de Lisboa).

Un millonario deixou o seguinte testamento escrito en maiúsculas:

“DEIXO TODOS OS MEUS BENS Á MIÑA IRMÁ NON AO MEU SOBRIÑO NUNCA PAGAREI AO XASTRE NADA AOS POBRES”

Os avogados das partes fixeron fotocopias do manuscrito e presentáronse con elas diante do xuíz.

Na copia da irmá líase claramente: “DEIXO TODOS OS MEUS BENS Á MIÑA IRMÁ. NON AO MEU SOBRIÑO. NUNCA PAGAREI AO XASTRE. NADA AOS POBRES.”

A copia do sobriño dicía, sen embargo: “¿DEIXO TODOS OS MEUS BENS Á MIÑA IRMÁ? NON. AO MEU SOBRIÑO. NUNCA PAGAREI AO XASTRE. NADA AOS POBRES.”

Na do xastre poñía: “¿DEIXO TODOS OS MEUS BENS Á MIÑA IRMÁ? NON. ¿AO MEU SOBRIÑO? NUNCA. PAGAREI AO XASTRE. NADA AOS POBRES.”

Ao final, o avogado dos pobres mostrou a súa: “¿DEIXO TODOS OS MEUS BENS Á MIÑA IRMÁ? NON. ¿AO MEU SOBRIÑO? NUNCA. ¿PAGAREI AO XASTRE? NADA. AOS POBRES.”

Graciñas a Joaquim Ferreira por compartir estes pequenos segredos…

P.S. (13 – III – 2008). Chegoume por correo electrónico este xogo en español. Pregúntanche onde hai que colocar a vírgula ou coma:

“Si el varón supiese realmente el valor que tiene la mujer andaría a cuatro patas en su búsqueda”

Posibles respostas:

  • Si usted es mujer, con toda seguridad colocaría la coma después de la palabra “mujer”
  • Si usted es varón, con toda seguridad colocaría la coma después de la palabra “tiene”

:-)

11 Marzo 2007 - Posted by | Education, Language

Sorry, the comment form is closed at this time.