Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

ICE (In Case of Emergency)

Facémonos eco da iniciativa ICE (In Case of Emergency) que coñecemos a través do blog de Mariña García San León.

A idea é simple. Sería útil para as persoas accidentadas que están inconscientes ter no teléfono móbil un ou varios contactos gardados (facilmente localizables ó chamárense ICE1, ICE2…) para que os médicos, bombeiros ou policías chamen ós seus achegados.

Advertisements

27 Marzo 2007 Posted by | Education, Politics | Comentarios desactivados en ICE (In Case of Emergency)

Sonetos en español

Admirable selección de 475 sonetos en español, feita por José Benito Freijanes Martínez: “Los sonetos de mi vida”. Graciñas polo traballo e por apuntar a outra selección con interesantes enlaces, “Sonetos del Siglo de Oro”, feita por Alix Ingber (Sweet Briar College).

27 Marzo 2007 Posted by | Education, Literature, Poetry | Comentarios desactivados en Sonetos en español

Poemas de Rosalía de Castro

Buscando textos cos que martirizar ós meus alumnos encontrei, na web “Galicia Espallada”, unha escolma de poemas de Rosalía de Castro (1837 – 1885) e outros autores galegos. Graciñas…

27 Marzo 2007 Posted by | Education, Galicia, Literature, Poetry | Comentarios desactivados en Poemas de Rosalía de Castro