Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Toccata e Fuga BWV 565

Unha das obras para órgano máis coñecidas é a Toccata e Fuga en “re menor”, BWV 565. A min encántame, como case todo o de Bach (esta peza atribúeselle pero non se sabe de certo cando se escribiu, nin se a escribiu el).

Para seguir as voces pódense usar as partituras en PDF extraídas de edicións no dominio público polo International Music Score Library Project (IMSLP). Enlazo o índice das obras de Johann Sebastian Bach no IMSLP. En YouTube encontrei varias versións…

Hans-Andre Stamm:

Karl Richter:

Aarnoud de Groen:

Versión para bayan interpretada polo acordeonista Vitali Dmitriev:

Unha transcrición para orquestra de Leopold Stokowski, interpretada pola MDR Sinfonieorchester, baixo a dirección de Jun Märkl:

Unha divertida parodia: os King’s Singers “deconstructing Bach”…

Unha versión en musicograma feita coa Music Animation Machine:

15 Abril 2007 - Posted by | Education, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Organ, Software

Sorry, the comment form is closed at this time.