Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Narvaez: “Cancion del emperador” after “Mille regres” by Josquin (Valéry Sauvage, lute and vihuela)

Valéry Sauvage interpreta aquí a “Cancion del emperador”, que é unha versión de Luis de Narváez (ou Luys de Narvaez, que a ortografía daquel tempo era variable) sobre a canción “Mille regres” (ou “Mille regretz”, atribuída a Josquin des Prez).

Esta obra foi publicada en Los seys libros del Delphin de musica de cifras para tañer vihuela (Valladolid, 1538). Non eran partituras como as que hoxe coñecemos, senón tablaturas. Algúns arranxos destas marabillosas obras pódense encontrar na páxina sobre Luys de Narvaez no Werner Icking Music Archive.

Valéry Sauvage tocando un laúde feito por Stephen Murphy:

Valéry Sauvage tocando unha vihuela feita por Didier Jarny:

P. S. Cito un artigo da revista Goldberg:

[…] Higinio Anglés transcribe un hermoso y diciente testimonio de Luis Zapata, que indica el grado de importancia de la música de Narváez entre sus contemporáneos.

Dice Zapata: “Fue en Valladolid, en mi mocedad, un músico de vihuela llamado Narváez, de tan extraña habilidad en la música, que sobre cuatro voces de canto de órgano en un libro echaba de repente en la vihuela otras cuatro, cosa, a los que no entendían la música, milagrosa, y a los que la entendían, milagrosísima”. […]

29 Abril 2007 - Posted by | Josquin, Lute, Music, Narvaez, String music, Vihuela

Sorry, the comment form is closed at this time.