Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Marin Marais: dúas pílulas

P. S. (4 – III – 2011). Tiven que cambiar o primeiro vídeo por outro, porque desapareceu de YouTube.

Hoxe o médico prescribe na receita dúas pílulas de viola da gamba fabricadas no laboratorio de Marin Marais (1656 – 1728).

A primeira, interpretada por William Skeen (viola da gamba), Hanneke van Proosdij (cravo) e David Tayler (arquilaúde) son unhas divisions sobre a Chacona:

A segunda é un extracto da película sobre a vida de Marin Marais e o seu mestre Sainte-Colombe, Tous les matins du monde (1991). A interpretación é de Jordi Savall (o actor Guillaume Depardieu fai o que pode para imitar os movementos dun gambista), e a peza é unha improvisation sobre as Folies d’Espagne:

21 Maio 2007 - Posted by | Harpsichord, Keyboard music, Marin Marais, Music, String music, Viola da gamba, Visual arts

Sorry, the comment form is closed at this time.