Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Arcadelt: “Il bianco e dolce cigno”

Do compositor Jacques (ou Jacob) Arcadelt, o máis coñecido é este precioso madrigal, Il bianco e dolce cigno. Pódense ver as transcricións do madrigal “Il bianco e dolce cigno” na CPDL. Poño dúas versións.

A primeira parece un ensaio, e o director (imperdonable nel non saber a obra de memoria) mira a partitura en vez de mirar aos cantores; cúmprese o axioma da dirección: en consecuencia, os cantores tampouco o miran apenas a el. Con todo, fan moitas cousas aceptablemente, quizá porque o director sexa un bo músico sen técnica de dirección, ou quizá por outro tópico educativo: os alumnos aprenden, non grazas ao mestre, senón a pesar do mestre. É o Maynooth University Chamber Choir, xa citado aquí hai uns días:

A segunda é unha gravación dos sublimes King’s Singers, nun arranxo didáctico da incansable margotlorena1:

O poema segue este esquema de rima e metro: [a7b7b11 – c7d7d7 – e7e11 – f11 f11]. O texto xoga cun dobre significado (double entendre) da palabra “morte”. Podemos ler “morte” como a sublimación dun sentimento de “amor platónico” ou ler “morte” como a “petite mort”

Il bianco e dolce cigno
cantando more, ed io
piangendo giungo al fin del viver mio.

Strana e diversa sorte,
che ei more sconsolato,
ed io moro beato.

Morte che nel morire
mi empie di gioia tutto e di desire.

Se nel morire altro dolor non sento,
di mille morti il dì sarei contento.

28 Maio 2007 - Posted by | Arcadelt, Education, Language, Literature, Music, Poetry, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s