Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Mudarra: Fantasía X “…en la manera de Ludovico”

A peza da que poñerei hoxe exemplos é Fantasía X que contrahaze la harpa en la manera de Ludovico, de Alonso Mudarra (ca. 1510 – 1580), en concreto da súa obra Tres libros de musica en cifras para vihuela (Sevilla, 1546).

Eu xa coñecía esta, e outras pezas contemporáneas, pero volvinas coñecer a través do grandísimo mestre José Miguel Moreno, en concreto co seu disco La guitarra española (1536-1836) (Glossa, gravacións do 1994 editadas no 2000). Neste disco toca 8 pezas cunha vihuela (para min o millor do disco con diferencia), 8 cunha guitarra barroca e 3 cunha guitarra clásico-romántica.

Pero, como xa dixen noutra anotación, deixemos ós deuses no seu Olimpo e vexamos que nos ofrece YouTube. Vou poñer catro versións, lamentablemente ningunha con vihuela: unha con laúde e tres con guitarra.

A primeira é de Alan Lowe-Jones cun laúde alugado (os instrumentos de época son caros…):

A segunda é de Julian Bream cunha guitarra:

A terceira é dun dos estudantes de guitarra da Eastern Michigan University, Peter LeClair:

A cuarta, e desde logo last but not least, é de David Russell:

P. S. (23 – III – 2009). Encontrei unha quinta versión, esta é a interpretación de Valéry Sauvage nun laúde feito por Stephen Murphy:

P. S. (17 – I – 2010). Outra interpretación con laúde, esta de Trond Bengtson:

P. S. (9 – V – 2012). Outra vez Valéry Sauvage, agora cunha vihuela feita por Didier Jarny:

God bless you all for sharing culture and beauty!

1 Xuño 2007 - Posted by | Lute, Mudarra, Music, String music, Vihuela

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s