Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Orff: Carmina Burana (Banda de Deba)

Ocorre con frecuencia que as segundas versións resultan ser máis coñecidas que as orixinais. Iso ocorre con esta obra de Carl Orff, quen puxo música (arredor do 1936) a uns textos, os Carmina Burana, que xa tiñan música desde a súa orixe (setecentos anos antes).

Con todo, hai partes que non lle quedaron nada mal a Orff, e de aí o éxito e a fama. Hoxe traio aquí un fragmento, interpretado pola Banda de Música de Deba (Gipuzkoa) e o coro Aitzuri, dirixidos por Fernando Urain:

É anecdótico, pero é xusto que fale aquí do meu sogro, Eulogio López Masid, porque foi director da Banda Municipal de Deba nos anos sesenta, e foi seguramente mestre de algún dos mestres destes xóvenes músicos…

P. S. (13 – VI – 2009). O vídeo foi retirado de YouTube debido a unha reclamación de copyright feita por Schott Music GmbH. Esta editora arrógase os direitos sobre unha obra estreada no ano 1937, e as autoridades políticas permítenllo. A cultura encontrará os seus camiños a pesar deles.

Hai outros vídeos da Banda de Música de Deba no canal en YouTube de arrusaiatxebailusago

3 Xuño 2007 - Posted by | "Intellectual property", Music, Vocal music, Wind music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s