Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Soutullo: “Ponteareas” (Bandas de Betanzos, Valga, Teo e Catoira)

A min sempre me encantou o sonido das bandas de vento, fundamentais na cultura musical de Galicia… e aínda máis no caso de Valencia, de onde “importamos” grandísimos mestres. O que non tragaba era a maioría do repertorio que soían toca-las bandas (hoxe, afortunadamente, vai entrando un pouco de aire fresco). Unha excepción a ese disgusto meu foi sempre o pasodoble “Ponteareas” de Reveriano Soutullo Otero (1880 – 1932).

Hoxe encontreino interpretado pola Banda Sinfónica Municipal de Betanzos. O director é Juan Antonio Ferrer Cerveró, clarinete na Orquestra Sinfónica de Galicia. E isto debémosllo agradecer a unha páxina “non oficial” que comparte cultura musical connosco no canal de YouTube banderosbetanzos:

P. S. (7 – VI – 2009). Acabo de encontrar máis interpretacións de “Ponteareas” no canal en YouTube da Federación Galega de Bandas de Música Populares

Banda de Música Municipal de Valga (Manuel Villar Touceda, director):

Banda de Música Cultural de Teo:

Banda de Música de Catoira:

3 Xuño 2007 - Posted by | Galicia, Music, Wind music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s