Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Gerador automático de poesia galega

Hai artistas iconoclastas, como no seu día foron o grupo Ronseltz (unha de cuxas provocadoras performances tiven o privilexio de presenciar). É unha lástima que naqueles anos non houbese YouTube ou algo polo estilo, porque había humor abondo naquelas obriñas que aínda faría rir ás novas xeracións (con minúscula, ollo) e ás que están por vir. So nos queda deste grupo o recomendable libro Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Edicións Positivas. Santiago de Compostela, 1994).

Alí din, por exemplo, que o grupo “decidiu disolverse amigablemente por non reunir os requisitos de Peterson para constituír unha xeración” (parece que se refiren ó alemán Julius Petersen, autor de Die literarischen Generationen, citado en moitos estudios sobre as “xeracións” españolas de 1898 e 1927). Unha das miñas pezas preferidas di así:

O poema é unha pedrada na cabeza.
Por iso lles recomendamos aos leitores que usen casco.

Hoxe xa non temos ó grupo Ronseltz, pero temos, na internet, ó grupo Aduaneiros sem Fronteiras, que fan cousas análogas.

Véxase, exempla gratia, o marabilloso Gerador automático de poesia galega.

Ou a adaptación do escudo galego deseñado por Castelao á cultura popular (televisiva) do século XXI…

4 Xuño 2007 - Posted by | Galicia, Humour, Language, Literature, Poetry, Visual arts

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s