Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Heitor Villa-Lobos: obra completa para guitarra soa

No menú, dous vídeos con obras para guitarra (violão) do compositor brasileiro Heitor Villa-Lobos (1887 – 1959). O entrante é David Russell tocando unha soa obriña, duns catro minutos, Choros número 1:

O segundo prato anúnciase como a integral (creo que non é a obra completa, pero vaia…) da obra para guitarra soa de Heitor Villa-Lobos, e dura máis de hora e media. No vídeo, o guitarrista Álvaro Henrique toca en directo e fai algúns comentarios sobre o repertorio.

Interpreta os 12 estudos (remata no minuto 35:30), logo a Suite popular brasileira (remata no minuto 55:50), logo os 5 prelúdios (remata no minuto 72:30), e por fin o Choros número 1 (remata no minuto 79:30).

Hai, ó final do vídeo, un encore que non é de Villa-Lobos: El abejorro de Emilio Pujol e, despois, noutra gravación, o Adagio do Concierto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo.

5 Xuño 2007 - Posted by | Music, String music, Villa-Lobos

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s