Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Beethoven: sonata 14 (opus 27, número 2)

A sonata para piano quasi una fantasia, número 14, en “dó díese menor”, de Ludwig van Beethoven (1770 – 1827), tamén coñecida como “opus 27, número 2”, e dedicada a Julie Guicciardi, foi alcumada posteriormente como Mondschein (nome que non lle puxo o seu autor).

Aquí está o terceiro movemento, presto agitato (os outros dous pódense encontrar no canal en YouTube de popololopopolo), tocado por un Wilhelm Kempff algo vello e que comete bastantes erros, pero segue a interpretar de marabilla. Chama a atención que case non mira para o teclado, debe de sentilo como se fose unha parte do seu corpo, por propiocepción.

En canto aos erros… como digo eu cando estou diante dun coro amateur, gozade da música que hai detrás do sonido…

Para seguir a interpretación podemos axudarnos coas partituras de Beethoven no IMSLP.

6 Xuño 2007 - Posted by | Beethoven, Keyboard music, Music

1 comentario »

  1. Beautiful! Prima! Excellent!

    Comentario por balkan | 22 Xullo 2007


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s