Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Adiviñanceiro popular galego (Gárfer, Fernández)

Recentemente apareceu nas librerías o Adiviñanceiro popular galego de José Luis Gárfer e Concha Fernández (Xerais, 2007; ISBN: 978-84-9782-485-9).

Hai unhas dúas mil adiviñas, e moitas poden usarse cos nenos na escola e de aí o meu interese. Un exemplo (solución: a guitarra ou violão; ás veces confúndense galego e portugués nesta obra):

Unha dama moi galante
nos brazos do seu amante
cun buraco na barriga
e as tripas por adiante.

Outro exemplo (solución: a filla e a muller son a mesma):

O médico e maila filla,
o estudiante e a muller
mercaron nove galiñas
e tocáronlles a tres.

7 Xuño 2007 - Posted by | Education, Folklore, Galicia, Language, Literature, Poetry

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s