Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Luces de conducción diurna

Moitas veces me preguntan por que levo as luces postas de día. Non é para ver eu, é para que me vexan a min. No número 180 da revista “Seguridad Vial”, editada pola Dirección General de Tráfico, recomendan conducir coas luces de cruce durante todo o día (ollo, non coas de posición, que está prohibido).

Por estraño que nos pareza, isto xa é obrigatorio, todo o ano e en tódalas vías, en moitos países. Alí os coches xa veñen da fábrica cunhas luces un pouco menos potentes e que consomen menos que as de cruce: son as chamadas “luces de conducción diurna” ou daylight running lights (DRL).

Tomarei como referencia a táboa de países publicada pola campaña luces24horas.com, ideada por Rubén Méndez Cebrián. Está claro que os do norte de Europa, ó teren o sol máis baixo, foron os primeiros en implanta-la medida: Finlandia, Suecia, Noruega, Islandia, Dinamarca, Letonia e Estonia, son claros exemplos disto.

Pero tamén países máis meridionais fixeron obrigatorias, todo o ano, as DRL: Austria, Eslovenia, República Checa, Croacia, Romanía, Paraguay e Colombia.

O beneficio está claro para min: menos accidentes, menos mortos.

Hai quen di que as DRL gastarían moito, e que contaminan… pois contamina tres veces máis leva-la ventá aberta, e contamina dez veces máis leva-lo aire acondicionado posto, por non falar do que contaminas se usas un coche dunha cilindrada que non necesitas.

9 Xuño 2007 - Posted by | Education, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s