Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Juan Ramón Mora: humor gráfico

Altamente recomendable é a páxina de humor gráfico de Juan Ramón Mora, da cal extraio esta clarividente viñeta:

Juan Ramón Mora, 1 - IV - 2007

Dixera un tal Cornelius Tacitus hai uns mil novecentos anos (Historiae, I, 1) que Rara temporum felicitate ubi sentire quae velis et quae sentias dicere licet, o que eu traduzo como “Raros son os tempos felices nos que podes pensa-lo que queres e dici-lo que pensas”.

Máis recentemente, hai uns cen anos, escribiu Sigmund Freud sobre instancias como o superego e o subconsciente, que manexan moitas veces iso que cremos libre, o pensamento. E tamén é xusto cita-lo concepto de alienación, introducido por Karl Marx unhas décadas antes.

Merece a pena que reflexionemos, aínda que so sexa un instante, sobre o que facemos realmente cando dicimos que “pensamos”, e tal vez poidamos cuestiona-la liberdade de moitos deses procesos de pensamento.

14 Xuño 2007 - Posted by | Humour, Philosophy, Propaganda

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s