Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Wanda Landowska playing WTC

En dous vídeos retirados de YouTube, Wanda Landowska toca no cravo o preludio e a fuga en “dó díese menor” BWV 849 (WTC, primeiro libro). Dicía eu: se vos parece que a toca moi lento, desconectade o teléfono e relaxádevos; e se non, tamén.

Pódense seguir as partituras coas edicións de Johann Sebastian Bach no IMSLP, sen esquecer que son da Bach-Gesellschaft Ausgabe, esta en concreto do 1866.

Non sei que pensarás, xenial Wanda, agora que levas cincuenta anos no Ceo (ou quizá so criando malvas), do que fan algúns que intentan gañar algúns euros co pretexto de ter “direitos” sobre as túas gravacións.

15 Xuño 2007 - Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Well-tempered Clavier

2 Comentarios »

  1. Vaia, pois malvas non creo que críe, non, según teño entendido Wanda foi incinerada!

    Comentario por Eladio | 15 Xullo 2009

  2. As cinzas tamén poden axudar ás malvas a medrar. Tanto ten, o seu legado fai medrar paisaxes que han sobrevivir a calquera concentración parcelaria… :-)

    Comentario por César Salgado | 15 Xullo 2009


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s