Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Georges Duhamel, Lev Kuleshov e Cornelius Tacitus

Estou a ler un pequeno (pero importante) ensaio do filósofo alemán Walter Benjamin (1892 – 1940), Das Kunstwerk im Zeitalter seiner technischen Reproduzierbarkeit (1936), nunha traducción ó español de Jesús Aguirre (La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica) que aparece xunto con outros escritos de Benjamin no libro Discursos interrumpidos, I (Taurus, Madrid, 1973. ISBN: 843061091X).

Para os interesados no ensaio de Benjamin, lamentablemente circulan distintas versións, algunhas censuradas ou alteradas polos editores. Isto xa nos dá unha idea do polémicas que son as ideas alí expostas. Non sei se é fiable, pero hai unha traducción ó inglés no seguinte enlace: The Work of Art in the Age of Mechanical Reproduction.

Neste ensaio faise unha análise da revolución que supón para a teoría estética considerar como artes á fotografía e á cinematografía… Pois ben, acabo de tropezar cunha cita do escritor francés Georges Duhamel (1884 – 1966), en concreto da súa obra Scènes de la vie future (1930), e que reproduzo na traducción española xa citada:

Ya no puedo pensar lo que quiero. Las imágenes movedizas sustituyen a mis pensamientos.

E iso que non tiñan televisión nin internet… Xa falei neste blog, na entrada O efecto Kuleshov, dun interesante experimento de Lev Kuleshov onde se demostraba que a montaxe inflúe na percepción das imaxes.

E tamén falei, na entrada Juan Ramón Mora: humor gráfico, doutra das miñas citas preferidas, que encaixa en parte co pensamento de Duhamel. Escribiuna Cornelius Tacitus hai uns 1 900 anos:

Rara temporum felicitate ubi sentire quae velis et quae sentias dicere licet.

O que eu traduzo como “Raros son os tempos felices nos que podes pensa-lo que queres e dici-lo que pensas”.

15 Xullo 2007 - Posted by | History, Philosophy, Politics, Visual arts

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s