Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Scott Ross explica a Partita 1 (BWV 825)

Gracias ó canal en YouTube de WerckmeisterIII podemos ver, en seis vídeos, case todo o documental titulado Une leçon particulière de musique avec Scott Ross, onde mesturan unha entrevista, un concerto e as leccións que dá a dous alumnos ese grande mestre do cravo . Nun sétimo vídeo podemos escoita-los momentos que faltaban da gravación, gracias ó canal en YouTube de hauptwerkian (vese algo mal, debeu de extraelo dunha cinta VHS usada centos de veces).

Recomendo a serie completa, pero poño aquí so os vídeos 4 e 5, onde Scott Ross se centra na Partita número 1 (BWV 825). Para segui-las notas podedes usa-las edicións da Bach-Gesellschaft Ausgabe, xa no dominio público: buscade no índice de partituras de J. S. Bach no IMSLP.

No vídeo 4 céntrase no Praeludium e na Allemande. Tamén critica as interpretacións que Glenn Gould fixo das obras de Bach (xa dixen aquí que opino da mesma forma, pero non é igual se o digo eu que se o di Scott Ross…) :-)

No vídeo 5 céntrase na Courante e na Sarabande.

P. S. Vídeos retirados e canal cerrado.

19 Xullo 2007 - Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s