Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Kenneth Gilbert: lección sobre F. Couperin

Gracias ó canal en YouTube de WerckmeisterIII podemos ver, en seis vídeos, un documental titulado Une leçon particulière de musique avec Kenneth Gilbert. Alí mesturan unha entrevista con interpretacións e leccións que dá Kenneth Gilbert, grande mestre do cravo ó seu alumno Olivier Baumont (xa daquela un cravista destacado).

No documental tócanse e discútense pezas de Johann Sebastian Bach (1685 – 1750), François Couperin (1668 – 1733) e Johan Jakob Froberger (1616 – 1667), case sempre no cravo, pero tamén un pouco no órgano.

Recomendo a serie enteira, pero poño aquí os vídeos 3 e 4, onde se centran en dúas pezas para cravo de François Couperin. A primeira peza é La Visionaire (está no “vingt-cinquième ordre”, páxina 170 da segunda parte na edición das Pièces de Clavecin no IMSLP).

A segunda peza é Les ombres errantes (un pouco despois, na páxina 179).

P. S. Vídeos retirados e canal cerrado.

20 Xullo 2007 - Posted by | François Couperin, Froberger, Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Organ

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s