Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Sonata BWV 965, arranxo de Bach dunha peza de Reinken (Fernando De Luca; Andreas Staier)

A obra que traio hoxe foi catalogada como sonata en “la menor” BWV 965. Pero realmente esta e algunha sonata máis do catálogo non son composicións de Bach, senón arranxos para teclado que Bach fixo sobre pezas compostas por Jan Adam Reinken (1643 – 1722) e publicadas na obra Hortus Musicus (1687). Esta sonata en concreto parece que estaba escrita para dous violíns, viola (ou para tres violas da gamba, dúas soprano e unha baixo) e continuo. Notas: algún biógrafo dá o 1623 como ano de nacemento de Reinken, pero ese dato é incoherente co resto da súa biografía. Tanto os nomes como o apelido deste compositor aparecen con variantes ortográficas diversas (a máis común é Johann Adam Reincken) segundo a fonte que se consulte, algo ao que xa estamos afeitos os amantes da música antiga…

Aquí é Fernando De Luca quen toca o cravo:

Adagio, Fuga, Adagio, Presto, Allemande, Courante, Sarabande, Gigue.

Aquí é Andreas Staier quen toca o cravo:

1/2:

2/2:

Pódense seguir as notas coas partituras de J. S. Bach no IMSLP.

21 Xullo 2007 - Posted by | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Language, Music, Reinken, Viola da gamba

1 comentario »

  1. I hope you understand English, like your blog very much, although I do not understand but some names. Plus music!

    Comentario por balkan | 22 Xullo 2007


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s