Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Mozart: “Exsultate, jubilate” KV 165 (158a) por Cecilia Bartoli e Arleen Auger

Hoxe o doutor receita unha pílula composta por un Mozart de so 16 ou 17 anos: a cantata “Exsultate, jubilate”, disque pensada para a voz dun castrato.

Texto:

Allegro

Exsultate, jubilate,
o vos animae beatae,
exsultate, jubilate
dulcia cantica canendo;
cantui vestro respondendo
psallant aethera cum me.

Recitativo

Fulget amica dies,
jam fugere et nubila et procellae;
exortus est justis inexspectata quies.
Undique obscura regnabat nox,
surgite tandem laeti qui timuistis adhuc,
et jucundi aurorae fortunatae
frondes dextera plena et lilia date.

Andante

Tu virginum corona,
tu nobis pacem dona,
tu consolare affectus
unde suspirat cor.

Allegro

Alleluja.

Para coñece-las variantes do texto, con tradución ó inglés e abundantes notas, véxase o artigo de Richard Hamilton Armstrong e Paul F. Zweifel “The Three Versions of Mozart’s Exsultate, jubilate”.

Aquí traio dúas interpretacións co magnífico (e moi ben usado) instrumento vocal de Cecilia Bartoli. A primeira baixo a dirección de Claudio Abbado:

A segunda baixo a dirección de Riccardo Muti:

Para gustos se pintan colores. Algúns han preferir a Arleen Auger (que tamén tiña un instrumento divino na súa gorxa) con Leonard Bernstein tocando el palito. Están no canal en YouTube de shostakk

1/2:

2/2:

Podemos segui-la música coas partituras da Neue Mozart-Ausgabe (Digital Mozart Edition). Para non perderse será útil coñece-lo número do catálogo Köchel, en alemán Köchel-Verzeichnis, de aí a abreviatura KV ou simplemente K.

Este catálogo pretendía ser cronolóxico, e a orde foi corrixida polos sucesivos editores (hai máis problemas, poden aparecer obras descoñecidas que aumentan o catálogo; outras obras atribuídas a Mozart resultan ser doutro compositor…). Por iso o “Exsultate, jubilate” ten dous números, era KV 165 na primeira edición, pero posteriores revisións déronlle o KV 158a.

24 Xullo 2007 - Posted by | Mozart, Music, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s