Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Solo music for recorder

Hoxe a pílula prescrita polo doutor é música para flauta de bico, un instrumento que a maioría da xente descoñece fóra do contexto escolar. Para saber máis, podemos ir á Recorder Home Page de Nicholas S. Lander.

Imos escoitar dúas obras atribuídas ó grande xenio da flauta Johann Joachim Quantz (1697 – 1773), quen ademais de ser un dos millores intérpretes do seu tempo, foi compositor, escribiu un importante tratado teórico, e mesmo innovou na construcción de flautas, engadíndolles chaves.

As pezas, unha Invention e un Rondeau (edición de Franz Julius Giesbert publicada por Schott), tócaas Ernst Stolz cunha flauta Moeck Rottenburgh:

Marabillas de YouTube, en poucas horas xa había unha resposta de recorderdevoix, tocando o Rondeau cunha flauta Marsyas:

P.S. (30 – IX – 2007): un comentario feito ao vídeo de Ernst Stolz di que as pezas serían dun compositor chamado Jean Daniel Braun, e que Quantz as copiou para fins didácticos. Copio e pego o comentario completo…

These pieces appeared as part of SONATE / DE Mr BRAUN / A FLUTE TRAVERSIERE / ET BASSE … (1740). Many of them also appear in a Quantz ms in the Giedde Collection, Copenhagen. 15 of them published in the 1930s by F.J. Giesbert from a Darmstadt ms lost in WW2 war, with no indication of the composer(s). Quantz collected extracts from other composers’ works for teaching purposes. It seems reasonable to attribute these pieces to Jean Daniel Braun.

P.S. (20 – III – 2008): encontrei, no interesantísimo canal en YouTube da Associazione Musicale Karl Jenkins, a Invention interpretada por Romeo Ciuffa cunha flauta copiada por Francesco Li Virghi a partir dunha orixinal de Stanesby junior (século XVIII):

25 Xullo 2007 - Posted by | Jean Daniel Braun, Music, Quantz, Recorder, Wind music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s